logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 881 01 34 00 citeni@udc.es

AOWINDE 1

Terceira Convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza Interregional VIN-A España-Portugal, POCTEP 2021-2027

Atlantic Offshore Wind Energy. Plan de Apoio Industrial e Mellora da Cadea de Valor Vinculada á Enerxía Eólica Mariña da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

Fechas: 23/01/202331/12/2025

Importe Total: 1 738 224,41 €
Importe UDC: 217 536,87 €

Obxectivo

En liña co Plan Industrial do Pacto Verde Europeo, o proxecto AOWINDE ten como obxectivo principal transformar a industria da enerxía eólica mariña na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, acelerando o seu desenvolvemento a través da colaboración público-privada. Durante a duración do proxecto, deseñaranse e implementarán ferramentas tecnolóxicas que sirvan de apoio á cadea de valor da enerxía eólica mariña transfronteiriza. Tamén se crearán programas de formación especializada para profesionais do sector. Ademais, levarán a cabo actividades de divulgación e promoción para atraer ao territorio novos actores que aposten polo investimento en enerxía eólica mariña. 

O proxecto Aowinde aspira a posicionar á Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como líder na xeración de enerxía limpa e sostible, co fin de contribuír así ao crecemento económico e ao desenvolvemento sostible da rexión. 

Participación UDC

A UDC desempeñará un papel esencial en AOWINDE abordando dous aspectos cruciais:  

 

En primeiro lugar, desenvolverase un piloto virtual para a simulación de parques eólicos mariños. Empregaranse modelos computacionales avanzados e datos reais para optimizar a súa eficiencia e rendibilidade. Este enfoque permitirá explorar diferentes configuracións e estratexias de operación, mitigar os riscos e identificar as mellores prácticas antes da súa implementación a gran escala.  

En segundo lugar, establecerase o Observatorio de Tecnoloxías Emerxentes, unha plataforma centralizada para recompilar e analizar información sobre innovacións e tendencias en materia de enerxía eólica mariña. Esta iniciativa facilitará a colaboración entre persoal investigador, empresas e entidades reguladoras para promover o desenvolvemento e a adopción de solucións innovadoras e sostibles. O propósito de AOWINDE é impulsar a eficiencia e competitividade da industria, para contribuír a unha transición enerxética máis limpa e renovable. 

Beneficiarios

Podes consultar toda a información sobre proxecto na web:

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.