O Laboratorio de Mecánica de Fluídos conta con instalacións para o desenvolvemento de investigación aplicada en aerodinámica, hidrodinámica e procesos industriais dominados polo movemento de fluídos.
Instalacións aerodinámicas
- Túnel de vento subsónico de circuíto pechado, cunha sección de ensaios de 1,1 m x 0,8 m, a cal pode ser aberta ou pechada, e un ventilador con motor de 90 kW. A velocidade máxima é de 42 m/s (151 km/h), cun nivel de turbulencia menor ao 1 %.
- Túnel de vento subsónico de circuíto aberto, cunha sección de ensaios de 0,3 m x 0,3 m. Motor do ventilador de 11 kW e 38 m/s (137 km/h) de velocidade máxima.
Instalacións hidráulicas
-
Banco de ensaios hidráulicos conforme a normativa europea para o estudo de válvulas industriais, xunto coa instrumentación necesaria para detectar e caracterizar a cavitación (transdu.
tores non estacionarios e cámara de alta velocidade). - Mesa de agua de 1,1m x 0,6m para el estudio de películas líquidas.
Tipos de ensaios
Aerodinámica
- Estudo aerodinámico de vehículos, estruturas e obxectos en túnel de vento. Medidas de forzas e momentos, anemometría láser
Hidráulica
- Caracterización de válvulas e bombas hidráulicas. Estudo da cavitación, rotura de columna líquida e golpe de ariete con transdutores de presión non estacionarios (> 250 kHz) e cámara de alta velocidade (ata 800 .000 imaxes por segundo).
Impresión 3D
- Estudo do proceso de impresión 3D por filamento fundido, coa caracterización das variables de traballo durante a deposición deste. Desenvolvemento dun exstrusor instrumentalizado e toma de medidas de forza e temperatura.
Proceso metalúrxico
- Estudo da deposición de películas de metal fundido, por exemplo no proceso de galvanización, e análise de reactores metalúrxicos.
Hidrodinámica naval
- Estudo do comportamento hidrodinámico de obxectos mergullados ou flotantes. Caracterización de sistemas de propulsión e redes de pesca.
Dinámica de fluídos computacional (CFD)
- Análise e optimización de fluxos en procesos industriais: metalurxia, reactores químicos, fornos de secado, revestimentos e impresión 3D, redes hidráulicas e bombas
Contacto
Correo electrónico: anne.gosset@udc.gal
Web: www.gii.udc.gal
Teléfono:+34 881 013 850 / +34 881 013 843
CITENIlaboratorios