logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 881 01 34 00 citeni@udc.es

A Canle de Ensaios Hidrodinámicos é unha infraestrutura singular, das poucas existentes en España, destinada á realización de ensaios con modelos a escala de buques e artefactos. Búscase nela estudar, entre outros aspectos, o seu comportamento no mar en distintas condicións de ondada, e o fondeo así como levar a cabo tests de autopropulsión tanto en augas tranquilas como en ondas.

Instalacións

Equipos

O carro de monitorización e seguimento é unha plataforma motorizada, cuxo desprazamento admite tanto un control remoto programable como un control directamente manual, o que posibilita facer un seguimento preciso dos modelos ou vehículos ensaiados. Esta plataforma ten un peso aproximado de 250 kg, unha carreira que abarca 45 m dos 55 m totais de lonxitude da canle e unhas dimensións de 5000 x 1130 x 355 mm. O seu accionamento é eléctrico, e permite alcanzar unha velocidade máxima de 3 m/s.

O xerador de ondas é do tipo flap pivotante. Ten a capacidade de producir ondas tanto regulares como irregulares segundo diferentes espectros típicos (Jonswap, Bretschneider, TMA) ou espectros de ondada definidos polo usuario. Así mesmo, o xerador dispón dun sistema de absorción activa de ondas, que lle permite reducir en gran medida os tempos de espera entre distintos ensaios con ondas. O software de control do xerador conta cun sistema de toma de datos de movemento de pa e de altura e período de onda xerados.

Instrumentación

O sistema de captura de movementos baixo a auga componse de tres cámaras (QUALYSIS MIQUS M3), capaces de determinar os parámetros de movemento dunha serie de marcadores situados sobre o obxecto cuxa dinámica desexa coñecerse. Mediante o procesado dos datos obtidos coas cámaras, o sistema é capaz de medir os movementos en seis graos de liberdade sen necesidade de interacción física, o cal é especialmente útil cando os movementos que se desexan coñecer son de elevada amplitude.

O sistema de medición da ondada consta dun conxunto de galgas, unha tarxeta de adquisición de datos e un software que permite obter os datos das ondas nos puntos en que están situadas. Alén disto, co devandito software poden posprocesarse os datos para realizar unha análise máis avanzada.

O sistema de medición inercial componse dun conxunto de inertial measurement units (IMU) sen fíos do fabricante Xsense con sensores de microsistemas electromecánicos (MEMS) en que se inclúen magnetómetros, giróscopos e acelerómetros, que proporcionan as velocidades angulares, as aceleracións, o campo magnético e a orientación do modelo que se desexa ensaiar.

Modelos

Robots submarinos

Tipos de ensaios

Ensaios de estabilidade e amortecemento

Contacto

Correo electrónico: vicente.diaz.casas@udc.es.gal
Teléfono: +34 881 013 857

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.