
10
GRUPOS DE INVESTIGACIÓNDámosche a benvida ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais
O Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña (UDC) está situado no Campus Industrial de Ferrol en Esteiro e depende organicamente da Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia.A estratexia científica do centro asenta en catro piares básicos, catro liñas de investigación que evolucionan as iniciadas polo antigo Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT) creado en 1996.
Misión
O Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) nace co obxectivo de impulsar as tecnoloxías navais e industriais a través dunha perspectiva integrada e interdisciplinar que potencie:
- A investigación.
- O desenvolvemento tecnolóxico.
- A transferencia áxil do coñecemento ao tecido empresarial e á sociedade.
Visión
Cremos no desenvolvemento dunha industria eficiente, sostible e capaz de adaptarse aos cambios. Ofrecemos solucións tecnolóxicas a novas necesidades. Transferimos investigación de calidade aos sectores industriais tractores galegos, en particular, á industria naval e marítima. Establecemos sinerxías e alianzas con outros centros de investigación, nacionais e internacionais. Ser un referente en investigación para a contorna industrial do noroeste atlántico é a nosa visión de futuro.
Un referente en investigación con 3 liñas especializadas:
Procesos e Tecnoloxías Navais
Procesos e Tecnoloxías Industriais
Loxística e Xestión Enerxética e Sustentabilidade
Eixes de actuación

Investigación básica
Actividade financiada con fondos púbicos nos centros de ensino asociados. Forma parte desta actividade o desenvolvemento de teses de doutoramento e os traballos de fin de grao e mestrado


Investigación aplicada
Colaboramos con empresas e organismos nacionais e internacionais que participan en convocatorias competitivas de financiamento público.


Servizos tecnolóxicos ás empresas
Poñemos ao dispor das empresas a nosa capacidade investigadora e as nosas infraestruturas para realizar ensaios específicos, modelización de procesos ou análises de mostras.

Grupos de investigación
Entre persoal investigador e tecnólogo, o CITENI conta con máis de 100 membros adscritos. A actividade investigadora do centro desenvólvese nunha estrutura de 10 grupos e unha unidade mixta de investigación, con ampla experiencia nas súas respectivas áreas.
+100
MEMBROS ADSCRITOS
10
GRUPOS DE INVESTIGACIÓN
1
UNIDADE MIXTA DE INVESTIGACIÓN
Novas
Unha tese da UDC e Tekniker optimiza a fabricación aditiva láser en superaliaxes de níquel
La tesis doctoral de Jon Lambarri, fruto de la colaboración entre Tekniker y el Centro de Investigación en Tecnologías Navales e Industriales (CITENI), optimiza el proceso de fabricación aditiva láser,
- 17 de Marzo de 2025
Un estudo da UDC propón xerar hidróxeno verde a bordo de buques metaneiros a partir da calor residual dos seus
Un equipo de investigación do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) e da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas (ETSNM) da Universidade da Coruña (UDC), en
- 12 de Marzo de 2025
O CITENI e o CICA estreitan lazos para fortalecer a investigación conxunta en ciencia dos materiais
Persoal investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) e do Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña reuniuse no Campus Industrial de
- 10 de Marzo de 2025
O Laboratorio de Enxeñaría Mecánica do CITENI e Pixee Medical renovan a súa colaboración para avanzar na simulación de tratamentos
O Laboratorio de Enxeñería Mecánica (LIM) do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña (UDC) renova a súa colaboración coa empresa francesa Pixee Medical
- 11 de Decembro de 2024
Persoal investigador da UDC propón unha metodoloxía innovadora para a mellora da eficiencia enerxética no transporte marítimo
O novo procedemento permite monitorizar en tempo real o rendemento enerxético e as emisións dos buques. A investigación, publicada na revista Journal of Marine Science and Engineering, busca facer o
- 21 de Novembro de 2024
Menos soldaduras e máis adhesivos: o CITENI marca un novo rumbo na construción naval
Un equipo multidisciplinar da Universidade da Coruña e da Universidade Nacional de Chimborazo (Ecuador) publicou na revista Ocean Engineering un estudo sobre a durabilidade de certas unións adhesivas como unha
- 30 de Outubro de 2024