logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 981 33 74 00 citeni@udc.es
Los investigadores del LAIL, Alberto Ramil y Ana Xesús López colaboran en el desarrollo de la tesis de la estudiante predoctoral Vendula Natherová de la Charles University.
CITENI UDC 26 de Abril de 2024

A tecnoloxía láser do CITENI analiza a contaminación das pontes de Praga

A tecnoloxía láser do CITENI analiza a contaminación das pontes de Praga

O Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser (LAIL) do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), con sede no Campus Industrial de Ferrol (CIF) da Universidade da Coruña (UDC), colabora nunha investigación da Charles University, na República Checa, sobre como a contaminación ambiental afecta á pedra das pontes de Praga

A acumulación de partículas contaminantes sobre as superficies de edificios e monumentos históricos representa un desafío para a conservación do patrimonio cultural. Coñecidas como black crusts en inglés, as cotras negras de que falamos non só afectan á estética das estruturas, senón que tamén comprometen a súa integridade e durabilidade.

UNHA TESE DE DOUTORAMENTO ABORDA O PROBLEMA DA CONTAMINACIÓN AMBIENTAL SOBRE AS PONTES DE PRAGA

Este problema fíxose especialmente evidente nas icónicas pontes de Praga, cuxa maxestade arquitectónica e significado histórico as converte en vítimas destacadas da contaminación ambiental xerada polo uso de combustibles fósiles en vehículos e sistemas de calefacción, entre outros factores.

Un equipo científico da Charles University (CUNI) de Praga, experto en xeoloxía, aborda un triplo desafío: caracterizar estes depósitos, analizar como afecta a súa composición ao granito utilizado na construción das pontes e probar a eficacia da técnica láser para a súa limpeza.

Vendula Natherová, estudante predoutoral no Institute of Geochemistry, Mineralogy and Mineral Resources da institución checa, forma parte do equipo de traballo. A súa tese, dirixida polo investigador Richard Přikryl e que leva por título “Influence of postgenetic alteration processes on mineralogical composition and rock fabric of granitoids in relation to their physical/mechanical properties and durability, afonda no estudo destes depósitos contaminantes co propósito de valorar o seu impacto sobre os perpiaños graníticos para establecer medidas idóneas de actuación ante futuros procesos de restauración.

Vendula Natherová, estudiante predoctoral de la Charles University de Praga investiga en las instalaciones del LAIL del CITENI.
Vendula Natherová, estudante predoutoral da Charles University de Praga investiga nas instalacións do LAIL do CITENI.

TÉCNICAS AVANZADAS REVELAN A COMPOSICIÓN DAS COTRAS

Vendula investiga actualmente no Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser do CITENI grazas ao programa Erasmus+ KA131 SMT para a mobilidade de estudantes en prácticas. Ana Xesús López, Alicia Moreno y Alberto Ramil, investigadores expertos en tecnoloxía láser aplicada ao patrimonio construído, colaboran no proyecto, xunto ao tamén investigador David M. Freire Lista, da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD). O equipo traballou con mostras de cotras negras extraídas da ponte de František Palacký, a terceira máis antiga de Praga, construída en 1876.

Para caracterizar a composición e morfoloxía das cotras empregáronse técnicas avanzadas como a espectroscopia Raman, a fluorescencia de raios X e a microscopia electrónica de varrido. Os resultados obtidos ata o momento revelan que se trata dunha cotra antropoxénica (produto da actividade humana) moi rica en carbono e xofre (substancias procedentes da combustión fósil en vehículos ou caldeiras). Tamén se realizaron probas de limpeza con diferentes equipos láser con resultados moi satisfactorios e apenas efectos sobre o granito.

PRESENZA EN CONGRESOS INTERNACIONAIS SOBRE A CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO

Os avances desta investigación serán presentados en dous destacados congresos internacionais dedicados ao patrimonio: o 7th International Congress Chemistry for Cultural Heritage 2024 (CHEMCH 2024), que se realizará en xullo en Bratislava; e o V International Congress Technoheritage 2024, que terá lugar en setembro en Santiago de Compostela.

Abordar o problema da contaminación ambiental, neste caso sobre as icónicas pontes de Praga, non só é unha cuestión de conservacióndo patrimonio cultural, senón tamén unha chamada de atención sobre a calidade do aire que respiramos e a necesidade de tomar medidas para protexer a nosa saúde e a contorna urbana.

Ademais, as novas directrices ambientais europeas, que promoven a redución do consumo de combustibles fósiles e a utilización de tecnoloxías verdes, como as baseadas no láser, ofrecen unha oportunidade única para levar a cabo intervencións de conservación e limpeza de monumentos históricos, como as das pontes de Praga, dunha maneira eficaz, minimamente invasiva e respectuosa co medio ambiente..