logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 881 01 34 00 citeni@udc.es
CITENI

¿Queres saber por que voan os avións?

Se es estudante de Educación Secundaria ou Formación Profesional poderás achegarte ao CITENI e achar a resposta a estas preguntas. Realizarás unha inmersión experiencial, visitarás os nosos laboratorios e coñecerás os diferentes campos de acción da enxeñería.

No CITENI queremos achegar a ciencia e a tecnoloxía ao alumnado máis novo. Os últimos venres de cada mes (dende xaneiro ata maio) celebramos os Venres Tecnolóxicos.

Trátase dunha xornada diferente de aprendizaxe. O estudantado poderá coñecer as nosas instalacións, os laboratorios e charlar co persoal investigador do centro. Realizará unha inmersión experiencial para descubrir o día a día de quen investiga en ciencia e busca solucións tecnolóxicas capaces de mellorar o mundo e a sociedade.

Os centros de Educación Secundaria e Formación Profesional interesados poderán solicitar participar nun Venres Tecnolóxico enviando un correo a comunicación.citeni@udc.gal. Lembra indicar a data de preferencia, o nivel e o número de estudantes.

Visita aos laboratorios

Os Venres Tecnolóxicos convidan ao alumnado a achegarse á ciencia e á tecnoloxía dunha maneira máis próxima, ao introducirse en laboratorios reais.

Charlas con investigadores

Representan unha oportunidade de orientación académica e profesional excelente, xa que poderán conversar con investigadores e preguntarlles polo seu día a día.

Orientación académica

Poderán descubrir as variadas traxectorias profesionais que lles pode ofrecer a Enxeñaría.

A nosa intención é achegar o coñecemento científico-tecnolóxico á mocidade e contribuír a espertar vocacións STEAM+ e incentivar o interese pola investigación naquelas persoas que van construír o mundo do futuro.

visitas guiadas

Centros Educativos
*último venres de cada mes
(desde xaneiro ata maio)

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.