10
GRUPOS DE INVESTIGACIÓNDámosche a benvida ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais
O Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña (UDC) está situado no Campus Industrial de Ferrol en Esteiro e depende organicamente da Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia.A estratexia científica do centro asenta en catro piares básicos, catro liñas de investigación que evolucionan as iniciadas polo antigo Centro de Investigacións Tecnolóxicas (CIT) creado en 1996.
Misión
O Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) nace co obxectivo de impulsar as tecnoloxías navais e industriais a través dunha perspectiva integrada e interdisciplinar que potencie:
- A investigación.
- O desenvolvemento tecnolóxico.
- A transferencia áxil do coñecemento ao tecido empresarial e á sociedade.
Visión
Cremos no desenvolvemento dunha industria eficiente, sostible e capaz de adaptarse aos cambios. Ofrecemos solucións tecnolóxicas a novas necesidades. Transferimos investigación de calidade aos sectores industriais tractores galegos, en particular, á industria naval e marítima. Establecemos sinerxías e alianzas con outros centros de investigación, nacionais e internacionais. Ser un referente en investigación para a contorna industrial do noroeste atlántico é a nosa visión de futuro.
Un referente en investigación con 3 liñas especializadas:
Procesos e Tecnoloxías Navais
Procesos e Tecnoloxías Industriais
Loxística e Xestión Enerxética e Sustentabilidade
Eixes de actuación
Investigación básica
Actividade financiada con fondos púbicos nos centros de ensino asociados. Forma parte desta actividade o desenvolvemento de teses de doutoramento e os traballos de fin de grao e mestrado
Investigación aplicada
Colaboramos con empresas e organismos nacionais e internacionais que participan en convocatorias competitivas de financiamento público.
Servizos tecnolóxicos ás empresas
Poñemos ao dispor das empresas a nosa capacidade investigadora e as nosas infraestruturas para realizar ensaios específicos, modelización de procesos ou análises de mostras.
Grupos de investigación
Entre persoal investigador e tecnólogo, o CITENI conta con máis de 100 membros adscritos. A actividade investigadora do centro desenvólvese nunha estrutura de 10 grupos e unha unidade mixta de investigación, con ampla experiencia nas súas respectivas áreas.
+100
MEMBROS ADSCRITOS
10
GRUPOS DE INVESTIGACIÓN
1
UNIDADE MIXTA DE INVESTIGACIÓN
Novas
Un estudo do CITENI permite medir directamente e por primeira vez como cristalizan en décimas de segundo os polímeros semicondutores
O traballo, publicado no Journal of the American Chemical Society, desenvolve unha metodoloxía que permite medir nun único experimento un proceso clave para fabricar materiais destinados á electrónica orgánica e
- 8 de Outubro de 2026
O CITENI e o Campus Industrial de Ferrol abren as súas portas á cidadanía na G-Night 2026
O Campus Industrial de Ferrol converterase o vindeiro 25 de setembro nun punto de encontro coa ciencia con motivo da G-Night 2026. O CITENI abrirá os seus laboratorios e espazos
- 21 de Setembro de 2026
O ISSW, International Ship Stability Workshop, recala por primeira vez en España e chega ao Campus Industrial de Ferrol
O Campus Industrial de Ferrol acolle do 14 ao 16 de setembro o 21st International Ship Stability Workshop (ISSW), que ten lugar por primeira vez en España e está organizado
- 14 de Setembro de 2026
IBEREO 2026 converte o Campus Industrial de Ferrol en punto de encontro internacional da investigación en reoloxía
IBEREO 2026, o Encontro Ibérico de Reoloxía, comeza este mércores no Campus Industrial de Ferrol coa participación de especialistas e persoal investigador de referencia internacional. A cita, organizada conxuntamente polo
- 2 de Setembro de 2026
Unha investigación do CITENI simula como se comportará a rótula tras unha operación de prótese de xeonllo
El equipo de biomecánica del Laboratorio de Ingeniería Mecánica del CITENI publica en la revista Arthroplasty un estudio que demuestra que el uso de simulaciones por ordenador antes de una
- 13 de Agosto de 2026
O CITENI estuda como xerar máis electricidade coa calor residual da industria
O Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña publica na revista Energy un estudo que propón novas estratexias para mellorar o aproveitamento da calor
- 6 de Agosto de 2026