logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 881 01 34 00 citeni@udc.es
De esquerda a dereita, Eloy Vázquez, Florian Michaud, Javier Cuadrado e Urbano Lugrís, cos recoñecementos obtidos por MFES nos Santander X Spain Awards da UDC e por AppGym en Maker Faire Galicia 2026.
CITENI UDC 23 de Outubro de 2026

MFES, empresa derivada da investigación en biomecánica do CITENI, recibe dous premios á innovación

MFES, empresa derivada da investigación en biomecánica do CITENI, recibe dous premios á innovación

• A empresa derivada Motion and Force Engineering Solutions (MFES) recibe o Santander X Spain Award na categoría Startup Universitaria 2026, e un dos seus desenvolvementos tecnolóxicos, AppGym, logra o segundo premio da Xornada de Innovación en Industria de Maker Faire Galicia 2026

A empresa derivada Motion and Force Engineering Solutions (MFES), vinculada á investigación en biomecánica do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), foi recoñecida nos Santander X Spain Awards, na categoría Startup Universitaria 2026.

Ademais, un dos seus desenvolvementos tecnolóxicos, o dispositivo portátil AppGym, recibiu o segundo premio da Xornada de Innovación en Industria de Maker Faire Galicia 2026. Trátase dun dispositivo portátil para monitorizar a flexión lumbar en tempo real que conta, ademais, coa colaboración da Clínica Arriaza, da cidade herculina.

MFES, recoñecida nos premios Santander

Os Santander X Spain Awards, convocados pola UDC, recoñecen a MFES na categoría Startup Universitaria 2026. O galardón, dotado con 4000 euros, ofrece tamén a posibilidade de participar na final nacional.

Este xoves 22 de outubro, durante a feira de emprego da Universidade da Coruña, IMPULSA-T: Salta da UDC ao futuro, José Anta, adxunto de Transferencia, entregou o premio a Eloy Vázquez, director executivo de MFES, quen toma a remuda de Alejandro Vázquez e acudiu en representación do equipo investigador, integrado por Florian Michaud, Urbano Lugrís e Javier Cuadrado, vinculado á Área de Biomecánica do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica (LIM) do CITENI.

Maker Faire Galicia 2026 recoñece a innovación de AppGym

O dispositivo portátil AppGym obtivo o segundo premio da Xornada de Innovación en Industria de Maker Faire Galicia 2026, que tivo lugar o pasado venres, 9 de outubro, na Casa das Máquinas de Santiago de Compostela. O recoñecemento está dotado con 375 euros.

Para rexistrar os movementos, AppGym utiliza dous sensores inerciais (IMU), situados en distintos puntos das costas. Estes recollen os datos do movemento e transmítenos por bluetooth a unha aplicación dispoñible para dispositivos móbiles e ordenadores, que permite visualizar a flexión lumbar en tempo real e facer un seguimento durante distintas actividades.

Os datos obtidos poden axudar a identificar padróns de movemento potencialmente asociados a riscos e servir de apoio ao desenvolvemento de estratexias de prevención. Entre os seus posibles ámbitos de aplicación atópanse a práctica clínica, o deporte e a avaliación de riscos ergonómicos no ámbito laboral.

Da investigación universitaria á transferencia tecnolóxica

Ademais de AppGym, MFES desenvolve solucións noutras áreas da biomecánica, como a análise da marcha, a modelización e simulación musculoesquelética e os sistemas de medición e dispositivos de asistencia. A actividade da empresa contribúe a trasladar o coñecemento xerado na investigación universitaria a ferramentas tecnolóxicas destinadas a responder a necesidades concretas da sociedade e do tecido produtivo.

Máis información sobre MFES en https://mfes.es/ e en LinkedIn: https://www.linkedin.com/company/motion-and-force-engineering-solutions.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.