Áreas científicas
A axenda científica do CITENI engloba 3 liñas de investigación que se corresponden co as catro dimensións multidisciplinares e que se basea o enfoque estratéxico do centro. Foron desenvolvidas en función das capacidades internas, as necesidades do tecido produtivo e os avances en materia de I+D:
- Tecnoloxías e procesos navais
- Loxística e Xestión Enerxética e Sustentabilidade
- Tecnoloxías e procesos industriais
Tecnoloxías e procesos navais
Loxística e Xestión Enerxética e Sustentabilidade
Tecnoloxías e procesos industriais
Dimensións multidisciplinares
Por outra banda, cada unha das áreas non debe entenderse como un ámbito illado, senón que existen relacións entre elas que dan lugar a novas liñas que establecen pontes entre as diferentes áreas, como nestes casos:
- Procesos de fabricación aditiva
- Comportamento mecánico e tribolóxico dos materiais
- Eficiencia enerxética
- Materiais para a xeración de enerxía e enerxéticamente sostibles
- Enerxías renovables mariñas
Estas liñas conforman o punto de partida do CITENI como suma de grupos e investigadores/as individuais. A unión de todas estas capacidades cunha visión integradora permitirá a formulación de novos proxectos que contribuirán a alcanzar o nivel de excelencia e o grao de singularidade que son obxectivos fundamentais do CITENI