logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 881 01 34 00 citeni@udc.es
Investigadores del equipo de biomecánica del LIM: Florian Michaud, Urbano Lugrís y Javier Cuadrado.
CITENI UDC 11 de Abril de 2024

Investigadores do CITENI patentan un sistema pioneiro que mide a postura vertebral en tempo real

Investigadores do CITENI patentan un sistema pioneiro que mide a postura vertebral en tempo real

Investigadores del Laboratorio de Ingeniería Mecánica (LIM) del Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) de la Universidade da Coruña (UDC), con sede en el Campus Industrial de Ferrol (CIF), patentan un sistema no invasivo y de bajo coste capaz de ofrecer información en tiempo real de la columna vertebral. Urbano Lugrís, Florian Michaud y Javier Cuadrado son los cerebros por detrás de esta innovadora tecnología

Nun mundo onde as doenzas da columna vertebral son unha preocupación de saúde cada vez máis común, xorde unha innovación prometedora que podería revolucionar o diagnóstico e tratamento destes trastornos, así como o seguimento da evolución das persoas doentes. O recente desenvolvemento dun sistema non invasivo e de baixo custo para a estimación postural da columna vertebral, patentado por investigadores do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica do CITENI da UDC, representa un avance significativo no campo da biomecánica e a saúde musculoesquelética.

UN SISTEMA INNOVADOR QUE MIDE A POSTURA EN TEMPO REAL

A invención consiste nun sistema que estima as orientacións vertebrais utilizando un modelo multicorpo da columna vertebral e un número reducido de sensores de orientación 3D: ao colocar cinco sensores en cinco vértebras identificadas, estímase a postura da columna ao completo e en tempo real. Isto resulta posible grazas á medición da orientación que ofrecen os sensores e ao algoritmo de estimación desenvolvido polo equipo de biomecánica do LIM.

UN SISTEMA QUE BENEFICIA A PACIENTES E FACULTATIVOS

Ata o de agora, obter información detallada sobre a postura da columna está a resultar custoso, complexo e, en moitos casos, esixe a exposición do paciente a radiacións nocivas. Este novo sistema ofrece unha solución innovadora que proporciona información precisa e segura da postura da columna vertebral en tempo real.

Reproducir vídeo acerca de Detalle del sistema patentado por el equipo de biomecánica del Laboratorio de Ingeniería Mecánica (LIM) para la estimación postural de la columna vertebral.

Vídeo demostrativo do sistema patentado para a estimación da postura da columna vertebral.

O CHUF REALIZARÁ UN ESTUDO CLÍNICO PARA DEMOSTRAR A SÚA EFICACIA

O Servizo de Traumatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) mostrou o seu interese por esta tecnoloxía, especialmente para nenos con escoliose. Entre outras vantaxes, reduciríase a cantidade de radiografías necesarias para realizar o seguimento da súa enfermidade e, en consecuencia, a exposición a radiación X en idades temperás.

Nos próximos meses, e grazas á colaboración do LIM co Nodo de Innovación da Área Sanitaria de Ferrol, dirixido por Javier Quiles, preveuse a realización dun estudo clínico para confirmar a eficacia do sistema mediante imaxes médicas.

UNHA APOSTA INTERNACIONAL POLA BIOMECÁNICA DO CITENI

A publicación científica de Urbano Lugrís, Florian Michaud e Javier Cuadrado sobre este innovador sistema de estimación postural tamén espertou o interese dun empresario estadounidense. Desde San Diego, o LIM recibiu unha chamada para probar o sistema nun hospital californiano, co propósito de lles proporcionar aos técnicos ortopédicos datos obxectivos que permitisen axustar eficazmente os xustillos de pacientes con escoliose. As probas realizáronse en 2023 e os resultados obtidos resultaron prometedores.

DO LIM Á SPIN-OFF MOTION AND FORCE ENGINEERING SOLUTIONS (MFES)

Recentemente, os investigadores do CITENI, en colaboración co enxeñeiro e emprendedor Alejandro Vázquez, crearon a empresa derivada (spin-off) Motion and Force Engineering Solutions (MFES). Esta empresa nace co obxectivo de difundir os avances do LIM e promover a actividade de I+D+i na comarca de Ferrolterra, poñendo un enfoque particular na biomecánica do movemento humano e outras áreas relacionadas das Ciencias da Saúde. Tras patentar este innovador sistema de medición postural, aspiran a lanzalo ao mercado a través da spin-off. Co compromiso de impulsar a innovación local e contribuír ao avance científico na rexión, MFES prepárase para pór esta tecnoloxía avanzada ao alcance de quen máis o necesite

*Referencia: https://www.mdpi.com/1424-8220/22/13/4796

*Na fotografía, de esquerda a dereita: Florian Michaud, Urbano Lugrís e Javier Cuadrado.