logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 881 01 34 00 citeni@udc.es

SISdATA

System to Increase Security/Sustainability in the Domain of Atlantic Traditional Aquaculture (Natural Tanks and Cage Nets)

Terceira Convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza Interregional VI-A España-Portugal,2021-2027

Datas: 01/01/202431/12/2026

Importe Total: 1,22 M€  
Importe UDC: 174 973,00 €

Obxectivo

O proxecto SISdATA ten como obxectivo principal fomentar a sustentabilidade e a eficiencia na acuicultura da área atlántica para contribuír ao desenvolvemento económico e o coidado ambiental da rexión.  

Búscase validar un novo sistema de información para predicir condicións específicas de fluxo nas granxas de acuicultura mariña, tanto no interior como no exterior das instalacións acuícolas. A nova plataforma integrará datos de diversas fontes, como satélites e sensores locais de calidade da auga. Tamén empregará simulacións computacionales e modelos bioquímicos para conectar os diferentes fenómenos a varias escalas. 

Desenvolverase e probará a nova plataforma en diversos estudos de caso na área Atlántica co propósito de proporcionar información valiosa para a xestión óptima e sostible das granxas acuícolas. O obxectivo é mellorar a súa resistencia contra eventos climáticos ou contaminantes. Espérase que esta iniciativa teña un impacto económico positivo para o sector, pero tamén noutros ámbitos que dependen directamente da calidade da auga en estuarios e zonas costeiras, como a agricultura e o turismo. 

Participación UDC

Dentro deste proxecto, á UDC correspóndelle avaliar a viabilidade da instalación de gaiolas de acuicultura offshore no arco atlántico. 

Para este propósito empregaranse cálculos computacionales e ensaios na canle de ensaios hidrodinámicos do CITENI.  

Os cálculos numéricos utilizaranse para analizar aspectos como o comportamento dinámico das gaiolas #ante correntes mariñas e ondas, así como a súa resistencia estrutural en caso de eventos climáticos extremos. Os ensaios na canle permitirán validar a escala estes resultados e proporcionarán datos experimentais para apoiar as conclusións. Este enfoque integral permitirá anticipar desafíos e optimizar o deseño das gaiolas, para contribuír así ao desenvolvemento sostible da acuicultura na rexión do arco atlántico. 

Beneficiarios

Podes consultar toda a información sobre proxecto na web: