logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 881 01 34 00 citeni@udc.es
Laura Castro - MARES
CITENI UDC 7 de Outubro de 2025

A investigadora do CITENI Laura Castro repite entre o 2 % do persoal científico máis influente do mundo

A investigadora do CITENI Laura Castro repite entre o 2 % do persoal científico máis influente do mundo

A investigadora do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) Laura Castro volve aparecer na prestixiosa listaxe da Universidade de Stanford polo seu traballo en enerxías renovables mariñas.

Ferrol, 3 de outubro de 2025.- A investigadora Laura Castro Santos, profesora do Departamento de Enxeñaría Naval e Industrial da Universidade da Coruña (UDC), membro do Grupo MARES (Materials and Renewable Energy for Engineering, Environment and Sustainability) e adscrita ao Centro de Investigación e Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), volve ser incluída na World’s Top 2% Scientist List elaborada pola Universidade de Stanford e a editorial académica Elsevier. Esta clasificación identifica o 2 % do persoal investigador máis influente a nivel internacional na súa áreas de traballo.

En 2024, Laura Castro acumulou 210 citas, cun índice de Hirsch ou índice h 8. Na área de Enerxía, ocupa o posto 5 400 dun total de 7 256. A nivel global, sitúase na posición 170 373 entre máis de 343 000 persoas investigadoras avaliadas. Estes indicadores reflicten tanto a súa produtividade como o impacto da súa traxectoria científica.

O seu traballo, centrado no desenvolvemento e a avaliación de tecnoloxías para as enerxías renovables mariñas, constitúe unha contribución esencial á transición cara a un modelo enerxético sostible, que consolida o CITENI da UDC como un referente internacional neste ámbito.

Acceso á clasificación completa nesta ligazón.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.