logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 881 01 34 00 citeni@udc.es
CITENI UDC 9 de Xuño de 2026

A RAGC distingue a Laura Castro polo seu labor investigador en enerxías renovables mariñas

A RAGC distingue a Laura Castro polo seu labor investigador en enerxías renovables mariñas

La investigadora del Centro de Investigación en Tecnologías Navales e Industriales (CITENI) de la Universidade da Coruña Laura Castro fue distinguida con el Premio RAGC-UIE para Investigadoras e Investigadores Jóvenes 2025 en la categoría de Ciencias Técnicas

A investigadora do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña (UDC) Laura Castro foi distinguida co Premio RAGC-UIE para Investigadoras e Investigadores Xoves 2025 na categoría de Ciencias Técnicas. O galardón, concedido pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), recoñece o talento investigador emerxente e busca impulsar as traxectorias de mozas e mozos científicos que desenvolven a súa carreira en centros de investigación galegos.

A UDC acadou unha destacada presenza nesta segunda edición do premios, ao contar con representación nas tres categorías convocadas. Xunto a Laura Castro, foron tamén recoñecidas Verónica Bolón, profesora da UDC e investigadora do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC), galardoada na categoría de Ciencias Básicas polo seu labor pioneiro no desenvolvemento de sistemas de intelixencia artificial sostibles,; e María Barreiro, profesora da UDC e investigadora do centro de investigación Economics and Business Administration for Society (ECOBAS), premiada na categoría de Ciencias Sociais pola súa investigación orientada á sostibilidade das organizacións e á economía circular.

A concesión destes premios supón un importante recoñecemento á excelencia investigadora da UDC e ao impacto do coñecemento xerado nos seus centros e grupos de investigación. Dotados con 5000 € en cada categoría, os galardóns distinguen contribucións científicas relevantes nos eidos das ciencias básicas, as ciencias técnicas e as ciencias sociais. A entrega terá lugar o 18 de xuño en Santiago de Compostela, no Centro Obra Social ABANCA.

Recoñecemento á traxectoria de Laura Castro

No caso de Laura Castro, a RAGC salientou a súa traxectoria investigadora no ámbito das enerxías renovables mariñas, unha liña estratéxica que desenvolve desde o CITENI. O seu traballo céntrase no estudo técnico-económico da enerxía eólica mariña, a enerxía undimotriz, os sistemas híbridos de enerxía mariña e a enerxía solar mariña, así como no desenvolvemento de solucións para favorecer a integración destas tecnoloxías nos sistemas enerxéticos do futuro.

Na actualidade, Laura Castro é investigadora principal de tres proxectos de relevancia nacional e internacional relacionados co almacenamento de enerxía procedente de fontes renovables mariñas, a produción sostible de hidróxeno verde mediante enerxía eólica en mar aberto (offshore) e a mellora da eficiencia enerxética en distintos países europeos e da contorna do Cáucaso.

Ademais, é a única catedrática da área das construcións navais en Galicia e a máis nova de España nesta especialidade. A súa actividade científica compleméntase cunha ampla experiencia como avaliadora de proxectos de investigación para organismos nacionais e internacionais, entre eles a Unión Europea, o Ministerio de Ciencia e Innovación de España, a Autoridade de Enerxía Sostible de Irlanda e o Ministerio de Innovación, Ciencia e Tecnoloxía de Israel.

Este recoñecemento supón un novo aval á excelencia da investigación desenvolvida no CITENI e reforza o papel deste centro como referente na xeración de coñecemento e innovación nos ámbitos naval, industrial e enerxético. Ao mesmo tempo, a presenza de tres investigadoras da UDC entre as persoas premiadas nesta edición dos Premios RAGC-UIE pon de manifesto a fortaleza e o impacto da actividade investigadora da institución en áreas clave para o desenvolvemento científico e social.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.