logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 881 01 34 00 citeni@udc.es
CITENI UDC 3 de Outubro de 2024

Conclúe o congreso Polymer Processing Society 2024 que reuniu en Ferrol a máis de 250 persoas e posicionou ao CITENI da UDC á fronte da innovación en polímeros

Conclúe o congreso Polymer Processing Society 2024 que reuniu en Ferrol a máis de 250 persoas e posicionou ao CITENI da UDC á fronte da innovación en polímeros

O congreso internacional Polymer Processing Society (PPS) 2024 concluíu en Ferrol tras reunir a máis de 250 expertos de 29 países. Organizado pola UDC, a través do CITENI, o evento destacou polo seu enfoque na innovación e sostibilidade no procesamento de polímeros, coa participación de empresas líderes como Navantia e Airbus. Ferrol posicionouse así como un referente mundial neste campo

Con grande éxito e unha notable participación internacional, concluíu hoxe 3 de outubro o congreso da Polymer Processing Society (PPS) que se iniciou en Ferrol do 30 de setembro. Este prestixioso evento científico reuniu a preto de 250 investigadoras e investigadores de 29 países, e consolidou Ferrol como centro de referencia na investigación sobre o procesamento de polímeros. Durante catro días, máis de 200 presentacións científicas e conferencias destacadas ofreceron unha visión avanzada sobre os últimos desenvolvementos na industria dos polímeros, con especial énfase na sostibilidade, a economía circular e a innovación en materiais.

O congreso tivo diversos momentos clave, entre os que cabe salientarmos a cerimonia de recepción o 30 de setembro en Exponav, en que participaron destacadas autoridades como o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela; Martina Aneiros, delegada da Xunta de Galicia; Ignacio Frutos, almirante da Armada Española; e Sadhan Jana, presidente da PPS. Na inauguración institucional, que tivo lugar o 1 de outubro no Campus Industrial de Ferrol, Ricardo Cao, reitor da Universidade da Coruña, e Marcos Míguez, o director do campus, entre outras autoridades, puxeron de manifesto a relevancia deste congreso para o avance científico e a proxección internacional da cidade.

Momentos relevantes do congreso tamén foron as conferencias plenarias (plenary speakers) e as impartidas por líderes da industria (industrial keynotes), como Navantia e Airbus. Entre estas persoas, Mariano Campoy (ICMAB-CSIC) destacou os avances vinculados á electrónica orgánica para producir enerxía solar, mentres que Víctor Casal (Navantia) falou da relevancia das tecnoloxías de fabricación aditiva aplicadas ao ámbito naval, especialmente a impresión 3D de materiais poliméricos para substituír pezas metálicas; pola súa vez, Zulima Martin (Airbus) presentou avances sobre materiais compostos aplicados á industria aeroespacial. Así mesmo, subliñouse o éxito das conferencias impartidas por outro persoal científico de renome como Walter Focke, Suryasarathi Bose, Álvaro Goyanes e Celina Bernal, que abordaron temas sobre polímeros avanzados aplicados en diversas industrias, con especial énfase no ecodeseño e a reciclaxe.

Ana Ares, presidenta do comité organizador, puxo de relevo na súa intervención final as cifras do congreso: “Con máis de 250 asistentes de 29 países, o evento reafirma a importancia da colaboración internacional para afrontar os desafíos tecnolóxicos do sector”.

A clausura institucional, no Salón de Actos do Campus de Esteiro, contou coa participación da concelleira de Turismo do Concello de Ferrol, María del Carmen García Fraga, e o vicerreitor de Investigación e Transferencia da Universidade da Coruña, Jerónimo Puertas, que agradeceron o impacto positivo do evento na proxección internacional da cidade. A conferencia tamén serviu de plataforma para empresas que buscan integrar as novas tecnoloxías de procesamento de polímeros, ao tempo que promoven a innovación sostible e a competitividade industrial.

O congreso PPS24 concluíu cun optimismo compartido sobre o futuro do procesamento de polímeros e cun forte compromiso coa investigación de tecnoloxías que apoien unha transición cara a un modelo industrial máis sostible. As próximas edicións do congreso levaranse a cabo en Nova Zelandia en abril de 2025 e Canadá en setembro dese mesmo ano.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.