logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 881 01 34 00 citeni@udc.es
Alejandro García del Valle, Diego Crespo Pereira, Adolfo Lamas Rodríguez y Javier Pernas Álvarez, autores del libro “Simulación y optimización de procesos con FlexSim” (Aula Magna Proyecto Clave – McGraw Hill, 2024)
CITENI UDC 16 de Febreiro de 2024

Investigadores do CITENI e do Campus Industrial presentan unha guía de iniciación á metodoloxía de simulación de procesos industriais con FlexSim

Investigadores do CITENI e do Campus Industrial presentan unha guía de iniciación á metodoloxía de simulación de procesos industriais con FlexSim

Os investigadores do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), Alejandro García del Valle, Diego Crespo Pereira e Javier Pernas Álvarez, xunto ao profesor Adolfo Lamas Rodríguez, da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) veñen de publicar o libro: Simulación y optimización de procesos con FlexSim
(Aula Magna Proyecto Clave – McGraw Hill, 2024)

Os investigadores do Centro de Investigación en tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), Alejandro García del Valle, Diego Crespo Pereira e Javier Pernas Álvarez, xunto ao profesor Adolfo Lamas Rodríguez, da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) veñen de publicar o libro Simulación y optimización de procesos con FlexSim (Aula Magna Proyecto Clave – McGraw Hill, 2024): unha guía de iniciación á metodoloxía de modelado e simulación de procesos industriais escrita integramente en lingua castelá e que bota man de FlexSim1, un dos principais softwares comerciais de simulación de eventos discretos.

Tal e como explica o coautor da publicación, tamén docente no Campus Industrial, Javier Pernas Álvarez: «o que ofrecemos é unha obra escrita en lingua castelá, introdutoria pero detallada, na que o lector ou lectora pode atopar casos prácticos de aplicación da metodoloxía de modelado e simulación en campos tan diversos como a loxística interna, a programación e secuenciación dos traballos, a fabricación naval ou mesmo os circuítos integrados». Do mesmo xeito, salienta o seu desexo de que esta metodoloxía sexa máis accesible, tanto para a súa inclusión nos plans formativos doutras universidades como para aquelas empresas que queiran implantala nos seus procesos.

A maior parte dos casos prácticos recollidos neste libro son adaptacións de proxectos reais levados a cabo nos últimos 20 anos desde a Área de Organización Industrial do Grupo Integrado de Enxeñaría, vinculado ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) do Campus Industrial da Universidade da Coruña. A maiores, o libro inclúe a referencia dun amplo repositorio deseñado polos propios autores e no que poder verificar a resolución do casos prácticos. Todos eles foron empregados con fins docentes nos distintos plans de estudos do Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, titulación que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF).

Nas próximas semanas, o libro Simulación y optimización de procesos con FlexSim estará dispoñible para consulta en sala e préstamo, tanto na Biblioteca Casa do Patín como na Biblioteca Ángela Ruíz Robles, situada no Edificio de Apoio ao Estudo do Campus Industrial de Ferrol; pero tamén se pode adquirir xa na web: https://libros.cc.

*Na imaxe, de esquerda a dereita: Alejandro García del Valle, Diego Crespo Pereira, Adolfo Lamas Rodríguez e Javier Pernas Álvarez, autores do libro “Simulación y optimización de procesos con FlexSim” (Aula Magna Proyecto Clave – McGraw Hill, 2024). [Fotografía cedida por Comunicación Campus Industrial]. [Fotografía cedida por Comunicación Campus Industrial]