logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 981 33 74 00 citeni@udc.es
O investigador do LIM, Florian Michaud, diante da EUDI do Campus Industrial.
CITENI UDC 30 de Xuño de 2023

O investigador en biomecánica do CITENI Florian Michaud recibe este sábado o Premio AMIZADE do Rotary Club de Ferrol

O investigador en biomecánica do CITENI Florian Michaud recibe este sábado o Premio AMIZADE do Rotary Club de Ferrol

Un trabajo sobre biomecánica del investigador Florian Michaud, del Laboratorio de Ingeniería Mecánica (LIM) del Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), ha sido galardonado con el Premio Amizade 2023 que convoca el Rotary Club de Ferrol

O Rotary Club de Ferrol, xunto co Rotary Club Porto Aliados, e a Universidade da Coruña conceden o Premio Amizade 2023 ao investigador francés do Campus Industrial Florian Michaud. Ademais do diploma acreditativo, este premio inclúe unha dotación económica de mil cincocentos euros. Ademais do diploma acreditativo, este premio inclúe unha dotación económica de mil cincocentos euros.

De todas as candidaturas presentadas, o xurado fallou a favor da proposta científico-tecnolóxica titulada “Biomecánica para prevención de lesións, avaliación de patoloxías e tratamentos” do investigador Florian Michaud. Nela, o autor recompila unha serie de investigacións e accións de divulgación levadas a cabo en Ferrol no ámbito da biomecánica, sobre a modelización musculoesquelética, a análise do movemento ou a estimación da postura da columna vertebral mediante sensores.

En palabras do enxeñeiro e doutor galardoado, o seu labor como investigador céntrase en “mellorar a calidade de vida, fomentar a boa vontade e destacar a importancia da investigación local, valores compartidos tanto polo Rotary Club de Ferrol como polo Premio AMIZADE”.

A entrega do XXIII Premio AMIZADE terá lugar o vindeiro sábado 1 de xullo, ás 20:30 h, no Parador de Turismo de Ferrol. Trátase dun evento privado, no marco do cal tamén se realizará o Acto de Cambio de Colares que organiza anualmente o Rotary Club de Ferrol, con gallo do cambio da súa presidencia.

O PREMIO AMIZADE

O Rotary Club de Ferrol e o Rotary Club Porto Aliados convocan este premio co obxectivo de recompensar aquelas iniciativas, dentro do ámbito académico, vinculadas á investigación, o emprendemento ou o servizo á comunidade nas áreas das artes, ciencias ou humanidades. Convócase anualmente, desde hai máis de dúas décadas, con alternancia entre as sedes rotatorias organizadoras: Ferrol e O Porto. A participación está aberta a estudantes ou persoas recentemente tituladas da Universidade da Coruña (concretamente do Campus Industrial de Ferrol) e da Universidade do Porto, sempre en correspondencia coa sede organizadora. Este ano ten lugar a 23.ª edición do Premio AMIZADE en Ferrol.

SOBRE FLORIAN MICHAUD

Florian Michaud, graduado en Enxeñaría na especialidade de Mecánica e Ergonomía pola Universidade de Belfort-Montbeliard (Francia), incorpórase ao Laboratorio de Enxeñaría Mecánica (LEM) da Universidade da Coruña (UDC) en 2014. Desde entón, investiga no campo da biomecánica do movemento humano. A súa tese de doutoramento, titulada “Modelos multicuerpo do sistema neuromusculoesquelético humano para a marcha de suxeitos sans e lesionados medulares”, foi premiada como mellor tese de doutoramento pola Cátedra HM-UDC de Traumatoloxía do Deporte en 2021. Actualmente desenvolve a súa propia investigación relacionada coa modelaxe de xeonllos para artroplastia total de xeonllo.

*Referencia: https://pdi.udc.es/es/File/Pdi/R49WK