logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 981 33 74 00 citeni@udc.es

AEROGANP

Creación dun eixo transfronteirizo de investigación e transferencia de coñecemento no sector aeronáutico e espacial na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027

Importe total: 1.999.681,87 €
Importe UDC: 145.233,60 €

Obxectivo

AEROGANP impulsa a investigación para a aterraxe segura de drons en plataformas de aeroxeradores flotantes e buques próximos a granxas eólicas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Establécese unha rede transfronteiriza de cooperacion para desenvolver un demostrador tecnolóxico e contribuír ao desenvolvemento de capacidades de investigación e innovación para a súa transferencia ao sector produtivo. O demostrador inclúe unha parte de “big-data” e seguimento satelital en Guimarães (Portugal) e outra na que se realizarán pilotos demostrativos de tecnoloxías avanzadas de drons no CIAR de Rozas (Galicia).

Participación UDC

A UDC desenvolverá un modelo matemático de predición de movementos en condicións ambientais adversas validado na Canle de Ensaios Hidrodinámicos do CITENI. Este modelo utilizarase para deseñar unha plataforma portátil de aterraxe/despegue de drons cun sistema mecánico-robótico compensatorio. O Instituto Tecnolóxico Gallego implementará a plataforma, que será probada nun demostrador en terra que simulará movementos marítimos específicos e avaliará a capacidade de compensación para permitir operacións de drons.

Beneficiarios

Podes consultar toda a información sobre proxecto na web: