logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 981 33 74 00 citeni@udc.es

ATEMPO

Asistencia Transfronteiriza de Emerxencias no Marco do POCTEP 2021-2027

Terceira Convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza Interregional VIN-A España-Portugal, POCTEP 2021-2027

Fechas: 01/09/2023-31/12/2025

Importe Total: 6 577 821,11 € 
Importe UDC: 614 916,54 €  

Obxectivo

ATEMPO céntrase en fortalecer a capacidade de resposta das unidades de emerxencia transfronteirizas #ante dous tipos de desafíos: eventos climáticos extremos e riscos tecnolóxicos que ameacen os ecosistemas da Eurorrexión. Para isto empregaranse ferramentas avanzadas de predición proporcionadas pola intelixencia artificial (IA), mellorarase a formación conxunta do persoal de emerxencias e establecerase un marco de habilitación profesional común. Ademais, investirase en equipamento dotacional que permitirá aumentar a eficacia da resposta de emerxencia e mellorarase a concienciación e capacitación da poboación para enfrontar emerxencias relacionadas co cambio climático. 

Participación UDC

Dous centros de investigación da UDC traballan conxuntamente no proxecto ATEMPO: o Centro de Investigación en TIC (CITIC) e o Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI)

O CITIC, recoñecido polo seu liderado tecnolóxico, achega a súa experiencia no seguintes cinco áreas:

O CITENI contribúe co seu coñecemento en sistemas de dinámica multicuerpo. Achegará a súa experiencia para a simulación do comportamento mecánico de unidades de transporte e traslado, así como para a análise da súa repercusión en variables como o consumo enerxético. En particular, simulará a dinámica de vehículos de mando co obxectivo de anticipar o seu comportamento en terreos irregulares, antes do seu despregamento en situacións reais. Esta simulación preditiva permitirá anticipar o impacto de modificacións no deseño orixinal dos vehículos, como a adopción de propulsión eléctrica e variacións na súa distribución de masa, dimensións ou configuración. A simulación dinámica determinará como afectarán estas variables á capacidade funcional e o consumo enerxético dos vehículos.

Beneficiarios

Podes consultar toda a información sobre proxecto na web: