logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 981 33 74 00 citeni@udc.es
Florian Michaud recibe el Premio a la Mejor Comunicación en el Área de Biomecánica en el XXIV Congreso Nacional de Ingeniería Mecánica.
CITENI UDC 7 de Novembro de 2023

A biomecánica do CITENI despunta no XXIV Congreso Nacional de Enxeñaría Mecánica

A biomecánica do CITENI despunta no XXIV Congreso Nacional de Enxeñaría Mecánica

O investigador do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) Florian Michaud recibe o Premio á Mellor Comunicación na Área de biomecánica do XXIV Congreso Nacional de Enxeñaría Mecánica polo seu traballo titulado “Banco de ensayos sensorizado de rodilla para la validación experimental de simulaciones de tratamientos”

A enxeñaría mecánica, a través da biomecánica, permítelles aos médicos simular por ordenador cirurxías ortopédicas para explorar diferentes opcións de tratamento, coa posibilidade de predicir a función posterior do membro tratado. Sin embargo, a pesar del gran potencial de esta técnica, los progresos de la comunidad investigadora están restringidos por cuestiones económicas y éticas para validar estas predicciones y conseguir la confianza de los médicos.

O investigador do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) do Campus Industrial de Ferrol (CIF) Florian Michaud presentou a súa recente investigación no campo da biomecánica no XXIV Congreso Nacional de Enxeñaría Mecánica, que tivo lugar nas Palmas de Gran Canaria do 25 ao 27 de outubro.

Dos vinte e seis traballos presentados, o seu artigo titulado “Banco de ensayos sensorizado de rodilla para la validación experimental de simulaciones de tratamientos” foi elixido polo xurado do Premio do Capítulo Español da Sociedade Europea de Biomecánica como Mellor Comunicación Científica da Área de Biomecánica.

No traballo premiado, transformouse unha estación de adestramento comercial para cirurxiáns nun banco de ensaios sensorizado. Florian Michaud e os coautores deste traballo (F. Mouzo, A. López Varela, U. Lugrís, D. Dopico y J. Cuadrado) poñen o foco na reproducibilidade da súa metodoloxía por parte doutros grupos que enfrontan as mesmas limitacións. O uso do banco de probas experimentais permitiulles demostrar á empresa francesa Pixee Medical, que financiou o proxecto, a calidade do traballo executado. As simulacións por computador desenvolvidas neste estudo permiten a reprodución de escenarios patolóxicos que resultan en inestabilidade rotuliana e facilitan a predición da función posterior a un tratamento.

Os autores conclúen que o uso da simulación por computador tivo resultados prometedores, mentres que o uso de modelos impresos en 3D e sensores permitiu traballar con xemelgos dixitais para a validación experimental de baixo custo e evitando problemas éticos.

Referencia: https://lim.ii.udc.es/docs/proceedings/2023_10_CNIM_Banco.pdf