logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 881 01 34 00 citeni@udc.es
CITENI UDC 10 de Abril de 2026

A UDC convoca eleccións para a dirección do CITENI

A UDC convoca eleccións para a dirección do CITENI

A votación terá lugar o 12 de maio e o proceso culminará coa proclamación definitiva o día 18

A Coruña, 10 de abril de 2026. – A Universidade da Coruña (UDC) convocou eleccións para a dirección do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), segundo a resolución publicada no Taboleiro Electrónico Electoral, onde tamén se pode consultar o censo electoral provisional e o calendario do proceso.

O procedemento, regulado polo Regulamento electoral xeral (REX), establece que poderán participar como persoas elixibles e electoras aquelas recollidas nos artigos 52 e 53 desta normativa. Este proceso segue a liña doutros desenvolvidos recentemente na UDC para garantir a participación da comunidade universitaria na elección dos órganos de dirección.

O calendario fixa a revisión do censo entre o 8 e o 10 de abril, e a publicación do censo definitivo será o día 13. A presentación de candidaturas terá lugar do 14 ao 17 de abril e a campaña electoral desenvolverase entre o 4 e o 8 de maio.

A votación producirase o 12 de maio, mentres que a proclamación definitiva da candidatura electa está prevista para o 18 de maio. A información completa pode consultarse no Taboleiro Electrónico Electoral da UDC.

+ info: https://www.udc.gal/goberno/equipo_reitoral/secretaria/taboleiro-electronico-electoral/2026-dir-citeni/

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.