logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 881 01 34 00 citeni@udc.es
Laboratorio de Polímeros Funcionais do CITENI
CITENI UDC 9 de Setembro de 2025

A Universidade da Coruña ofrece unha praza predoutoral Marie Skłodowska-Curie para estudar polímeros semicondutores

A Universidade da Coruña ofrece unha praza predoutoral Marie Skłodowska-Curie para estudar polímeros semicondutores

A través do CITENI (Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais) do Campus Industrial de Ferrol, a Universidade da Coruña convoca unha praza predoutoral Marie Skłodowska-Curie para estudar polímeros semicondutores orgánicos dentro do proxecto europeo Fundamentals and Applications of Doped Organic Semiconductors (FADOS).

Ferrol, 4 de agosto de 2025.- A Universidade da Coruña (UDC) abre o proceso de selección para cubrir unha praza predoutoral de tres anos de duración financiada polo prestixioso programa Marie Skłodowska-Curie Doctoral Networks (Horizon Europe).

A persoa contratada traballará no Laboratorio de Polímeros Funcionais do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), no Campus Industrial de Ferrol, baixo a supervisión dos investigadores Jaime Martín e Xabier Rodríguez. O seu labor centrarase na análise do comportamento de polímeros semicondutores orgánicos dopados na área da electrónica orgánica.

Un proxecto internacional de excelencia

A persoa seleccionada formará parte do proxecto internacional de excelencia FADOS (Fundamentals and Applications of Doped Organic Semiconductors)promovido por un consorcio internacional coordinado pola Universidade de Heidelberg (Alemaña), que reúne 16 grupos de investigación de referencia de universidades, centros de investigación e empresas de Europa, Reino Unido e Suíza.

O seu obxectivo é avanzar no coñecemento e deseño de semicondutores orgánicos dopados, materiais fundamentais para desenvolver novos dispositivos electrónicos sostibles, como células solares orgánicas e compoñentes optoelectrónicos de última xeración.

Investigación de fronteira no CITENI

Na UDC, a investigación centrarase no estudo experimental e con machine learning dos procesos de dopado en polímeros semicondutores, así como na análise da súa termodinámica, microestrutura e propiedades electrónicas.

A preparación que se ofrece é altamente interdisciplinar e internacional: combina investigación punteira con estadías en centros de referencia, académicos e industriais, para asegurar a transferencia de resultados cara a aplicacións reais.

Inclúe capacitación en técnicas avanzadas, como calorimetría de varrido rápido, difracción de raios X en instalacións sincrotrón e procesamento de películas delgadas, ademais da realización de dúas estancias internacionais no CNRS (Francia) e na empresa sueca especializada en células solares orgánicas impresas, Epishine AB.

Perfil e condicións

A convocatoria está dirixida a persoas con máster en Física, Ciencia de Materiais, Química ou áreas afíns, con interese na electrónica orgánica e na investigación interdisciplinar. Ademais, as persoas candidatas deben cumprir os requisitos de mobilidade establecidos polos proxectos Marie Skłodowska-Curie Actions (MSCA). 

O contrato terá unha duración de 36 meses e ofrece unha retribución competitiva conforme aos estándares europeos MSCA, incluíndo complementos de mobilidade e, se corresponde, apoio familiar.

Candidaturas e prazos

Data límite de solicitude: 30 de setembro de 2025 (prazo ampliado ao 15 de outubro de 2025).

Envío de candidaturas: jaime.martin.perez@udc.gal | xabier.rodriguez@udc.gal | j.saguilar@udc.gal

Lugar de traballo: Laboratorio de Polímeros Funcionais – CITENI, Campus Industrial de Ferrol, Universidade da Coruña.

Máis información na convocatoria oficial publicada no portal EURAXESS.

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.