logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 881 01 34 00 citeni@udc.es
Cartelle Lamas Orosa patente Rn
CITENI UDC 10 de Marzo de 2026

O CITENI participa nunha patente que detecta a orixe do radon en interiores

O CITENI participa nunha patente que detecta a orixe do radon en interiores

A invención, un sistema e método de localización de fontes emisoras de radon en interiores, permite identificar con precisión as entradas deste gas radioactivo en edificios.

O desenvolvemento foi froito da colaboración institucional entre o Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña (UDC), a Universidade de Vigo (UVigo) e o Centro Universitario da Defensa na Escola Naval Militar (CUD-ENM).

A Coruña, 10 de marzo de 2026. – O radon é un gas radioactivo natural que pode acumularse en espazos pechados e supón un risco importante para a saúde, especialmente pola súa relación co cancro de pulmón. Galicia, pola súa xeoloxía, é unha das rexións con maiores niveis potenciais de radon en España.

Persoal investigador do CITENI logra a concesión da patente dun sistema e método de localización de fontes emisoras de radon en interiores. Desenvolvida en colaboración entre a UDC, a UVigo e o CUD-ENM, permite identificar con precisión as entradas deste gas ionizante en edificios.

Seguindo o rastro invisible: localizar para protexer

Ofrece un sistema que localiza de forma rápida e precisa os puntos de emisión. Combina sensores móbiles e estáticos cun vehículo autónomo que percorre as instalacións e mide a concentración do gas en distintos lugares. Un algoritmo de interpolación espacial sérvese da krigeaxe (kriging) para procesar as lecturas e guía o vehículo cara á fonte emisora. Tamén utiliza campás móbiles que illan os sensores do aire en movemento, para garantir que cada medición sexa precisa. Isto permite xerar mapas detallados e detectar rapidamente fisuras ou puntos de entrada do gas.

Saber exactamente por onde entra o radon permite aplicar medidas directas e eficaces como selar gretas e instalar barreiras ou sistemas de ventilación localizados. Así protéxese mellor a saúde e optimízanse o tempo e os recursos.

Unindo forzas contra o radon

A concesión desta patente xorde do proxecto RnMod (PICUD 2022-03), dedicado a desenvolver modelos preditivos do comportamento do radon en edificios e estratexias de mitigación. A iniciativa conta con financiamento do CUD-ENM, da UVigo e do Campus Industrial de Ferrol.

Na UDC, o desenvolvemento correu a cargo de persoal investigador do Grupo de Enxeñaría Mixto (GEM): María Isabel Lamas e Juan José Cartelle, membros do CITENI; e de José Antonio Orosa. Completan o equipo Miguel Ángel Gómez, do Grupo de Tecnoloxía Enerxética (GTE) da UVigo; e Arturo González, do Grupo de Enxeñería Térmica e Ambiental (InTeam) do CUD-ENM.

Este avance tecnolóxico proporciona unha ferramenta eficaz, autónoma e precisa para protexer a saúde en interiores, e pode empregarse tanto en vivendas como en edificios públicos e industriais.

Na imaxe, de esquerda a dereita: os investigadores Juan José Cartelle e María Isabel Lamas (CITENI-UDC) e José Antonio Orosa (UDC), xunto ao prototipo de vehículo autónomo deseñado para localizar fontes de radón en interiores.

Prototipo do vehículo autónomo patentado capaz de detectar a orixe do radon en interiores

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.