logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 881 01 34 00 citeni@udc.es
Twin NavAux
CITENI UDC 31 de Marzo de 2025

O proxecto Twin NavAux do CITENI avanza coa publicación de dous novos informes sobre o xemelgo dixital para o sector naval

O proxecto Twin NavAux do CITENI avanza coa publicación de dous novos informes sobre o xemelgo dixital para o sector naval

O proxecto Interreg Twin NavAux dá un paso máis na dixitalización da industria auxiliar naval coa publicación de dous novos informes. Forman parte do traballo realizado polo Grupo Integrado de Enxeñaría (GII) do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña (UDC) para a elaboración da folla de ruta e o desenvolvemento de proxectos piloto dentro da iniciativa. Cofinanciado pola Unión Europea, Twin NavAux reforza a evolución cara a un modelo máis dixitalizado e eficiente na industria naval

O proxecto Twin NavAux, que busca impulsar a dixitalización da industria auxiliar naval en Galicia e o norte de Portugal, avanza coa publicación de dous novos informes. Estes documentos forman parte do traballo desenvolvido polo Grupo Integrado de Enxeñaría (GII) do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) do Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC), e proporcionan unha guía técnica para a implementación do xemelgo dixital no sector. O seu obxectivo é transformar os procesos de deseño, mantemento e operación dos buques para mellorar a eficiencia operativa, reducir custos e optimizar o mantemento dos buques.

INFORMES TÉCNICOS PARA UNHA IMPLEMENTACIÓN EFECTIVA

O primeiro informe, titulado Arquitectura estándar para a implementación dun xemelgo dixital de produto, establece un marco técnico detallado para integrar modelos dixitais nos procesos da industria naval. Este documento busca proporcionar unha base sólida para a adopción da tecnoloxía, adaptándoa ás necesidades específicas do sector.

O segundo informe, Protocolo de definición de novas funcións no sector auxiliar naval, describe os pasos e criterios necesarios para incorporar novas funcionalidades nos sistemas dixitais. Isto permitirá ampliar as capacidades do xemelgo dixital e garantir a súa evolución conforme ás necesidades do mercado.

IMPACTO DO XEMELGO DIXITAL NO SECTOR NAVAL

O uso do xemelgo dixital ofrece grandes oportunidades para o sector naval. Esta tecnoloxía permite crear réplicas virtuais dos buques, o que facilita a monitorización en tempo real, a predición de fallos e a optimización do mantemento. Como resultado, as empresas poden mellorar a eficiencia operativa, reducir tempos de inactividade e aumentar a seguridade.

COLABORACIÓN E APOIO INSTITUCIONAL

O proxecto Twin NavAux, cofinanciado pola UE a través do Programa Interreg VIN-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, conta coa colaboración de diversas institucións e empresas clave nos ámbitos naval e tecnolóxico. A Axencia Galega de Innovación (GAIN) lidera esta iniciativa, en que a Universidade da Coruña (UDC) é responsable da creación da folla de ruta para a implantación do xemelgo dixital e do desenvolvemento de proxectos piloto. O consorcio tamén inclúe a Universidade Portucalense-Infante D. Henrique (UPT), o Centro de Apoio Tecnolóxico á Industria Metalomecánica (CATIM), a Asociación Agrupación industrial do Naval Galego (ACLUNAGA), así como empresas como IBERCISA Deck Machinery, Industrias Ferri e Electrorayma.

Toda a información sobre o proxecto, incluído o acceso aos informes completos, está dispoñible na páxina: https://www.cistecnoloxiaedeseno.gal/es/recursos-twin-navaux-2/

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.