logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 881 01 34 00 citeni@udc.es
Membros de FITNAE,
CITENI UDC 9 de Abril de 2025

Persoal investigador do CITENI do Campus Industrial de Ferrol participa na colaboración LHCb recoñecida co Premio Breakthrough 2025

Persoal investigador do CITENI do Campus Industrial de Ferrol participa na colaboración LHCb recoñecida co Premio Breakthrough 2025

Persoal investigador do Grupo de Investigación en Física e Tecnoloxía Nuclear e de Altas Enerxías (FiTNAE) da Universidade da Coruña (UDC) participa na colaboración internacional LHCb (Large Hadron Collider beauty) do Conseil Européen pour la Recherche Nucléaire (CERN) distinguida co Premio Breakthrough 2025 en Física Fundamental. Estes galardóns, recoñecidos como os “Óscar da Ciencia”, foron entregados en Los Ángeles e destacan as achegas máis relevantes nos ámbitos de Ciencias da Vida, Física Fundamental e Matemáticas

Os proxectos colaborativos LHCb, ATLAS, CMS e ALICE, vinculados ao Gran Colisionador de Hadróns (LHC) do CERN, foron recentemente recoñecidos nos Premios Breakthrough 2025, considerados como os “Óscar da Ciencia”, na categoría de Física Fundamental. Este galardón, cunha dotación económica de 3 millóns de dólares, entregouse nunha gala celebrada en Los Ángeles e distingue os logros de milleiros de investigadores e investigadoras que contribúen ao avance no estudo das partículas subatómicas.

 

PERSONAL INVESTIGADOR DA UDC NA COLABORACIÓN INTERNACIONAL LHCB

Dentro destes proxectos, participa persoal investigador do grupo da FiTNAE de la Universidade da Coruña (UDC). O grupo está coordinado por Diego Martínez Santos (investigador Oportunius) e conta coa participación de Veronika Chobanova (investigadora Ramón y Cajal e InTalent UDC-Inditex), Carlos Vázquez Sierra (Ramón y Cajal), Claire Prouvé (Juan de la Cierva), Jeremy Dalseno e o doutorando John Wendel. Tanto Martínez Santos como Chobanova solicitaron recentemente a súa adscrición ao Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), no Campus Industrial de Ferrol.

O equipo contribúe á colaboración LHCb (Large Hadron Collider beauty), un experimento especializado no estudo das diferenzas entre materia e antimateria, así como na observación de partículas formadas por quarks pesados. A través de medicións extremadamente precisas, o proxecto permite avanzar no coñecemento das leis fundamentais da física e comprender mellor a orixe do universo.

 

APOSTA POLA CIENCIA PÚBLICA E A FORMACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR

A investigadora Veronika Chobanova, corresponsable do grupo da UDC na colaboración LHCb, xunto con Martínez Santos e Dalseno, sinala: “sentímonos orgullosos de contribuír desde Galicia a este logro global en Física de sabor. Este premio destaca o valor da investigación pública, a colaboración internacional e a formación científica. Celebramos especialmente que os fondos apoien a estudantes de doutoramento, reforzando o impacto do CERN nas nosas comunidades”.

Este recoñecemento internacional reforza a proxección do CITENI e do Campus Industrial de Ferrol como espazo de excelencia científica e da UDC como universidade comprometida coa investigación de vangarda e a colaboración internacional.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.