logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 981 33 74 00 citeni@udc.es
W2BC Agenda
CITENI UDC 27 de Xuño de 2024

Ferrol acolle un encontro do proxecto europeo Waste2BioComp, en que participa o Grupo de Polímeros do CITENI

Ferrol acolle un encontro do proxecto europeo Waste2BioComp, en que participa o Grupo de Polímeros do CITENI

O proxecto europeo Waste2BioComp, que conta coa participación de persoal investigador do Grupo de Polímeros do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), organizará o seu evento intermedio os días 2 e 3 de xullo de 2024 no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC). Baixo o lema “Innovando por un futuro máis verde”, neste encontro as partes asociadas analizarán a evolución do proxecto e discutirán sobre a transformación de residuos orgánicos en materias primas sostibles aptas para a industria

Os días 2 e 3 de xullo, o Campus Industrial de Ferrol acollerá un encontro do proxecto europeo Waste2BioComp, que ten como obxectivo transformar residuos orgánicos en materias primas para a fabricación sostible de novos produtos. Está enmarcado no programa Horizonte Europa e conta cun orzamento de máis de 5,8 M€. Nel participan 13 organizacións de seis países que colaboran conxuntamente na súa execución. Na UDC, é a investigadora experta en biopolímeros Belén Montero Rodríguez quen lidera o equipo que actualmente traballa na preparación de compoñentes biolóxicos para desenvolver envases, téxtiles, escumas e outros materiais. . O Grupo de Polímeros do CITENI exerce como organizador e anfitrión do encontro

A axenda das xornadas inclúe paneis de discusión e presentacións sobre a evolución do proxecto e a aplicación dos biopoliésteres na industria.

O martes 2 de xullo (9-20 h) realizarase a reunión do consorcio, que abranguerá as seguintes actividades:

  • Benvida e análise do estado proxecto
  • Presentacións sobre os traballos en curso e os xa realizados polas entidades socias do consorcio
  • Discusión xeral e planificación futura
  • Visita ás instalacións da UDC en Ferrol
  • Cea de tecedura de redes (networking)

Durante a mañá do mércores 3 de xullo (9-13 h) terá lugar o evento intermedio de Waste2BioComp, un evento aberto ao público que incluirá sesións con expertas e expertos da industria sobre o estado da arte en materia de biopoliésteres. O programa inclúe estes contidos:

  • Seminario sobre biopoliésteres en Waste2BioComp
  • Sesión sobre biopoliésteres na industria
  • Mesas redondas e sesión de preguntas

As persoas asistentes poderán coñecer de primeira man os desenvolvementos en biomateriais aplicables a industrias como a do calzado, o plástico e o téxtil.
A asistencia a este acto será libre con inscrición previa. Espérase a participación de estudantes, persoal investigador e profesionais da industria, co obxectivo de promover o intercambio de coñecementos e fomentar a colaboración no tocante á economía circular e á química verde.

O evento terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol. As persoas interesadas poden informarse no sitio web do proxecto https://waste2biocomp.eu/ e formalizar a inscrición a través do seguinte formulario.