logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 981 33 74 00 citeni@udc.es
CITENI UDC 20 de Xuño de 2024

Investigadores da Universidade da Coruña reciben o Premio á Transferencia de Tecnoloxía da Real Academia Galega de Ciencias

Investigadores da Universidade da Coruña reciben o Premio á Transferencia de Tecnoloxía da Real Academia Galega de Ciencias

Investigadores del Centro Interdisciplinario de Química y Biología (CICA), del Centro de Investigación en Tecnologías Navales e Industriales (CITENI) y de la Escuela Técnica Superior de Náutica y Máquinas de la Universidad de La Coruña recibieron el premio Francisco Guitián Ojea, valorado en 5.000 euros.

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) fixo entrega dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia, o Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas -convocados coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (Gain) da Xunta de Galicia- e o Premio de Divulgación Científica 2024. Unha edición na que resultaron galardoados un grupo de investigadores da UDC:

Os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia representan, segundo o presidente da RAGC, “a mellor investigación aplicada e divulgación científica que se fai en Galicia” e comprenden dúas categorías, premiadas con 5.000 euros cada unha. O premio Francisco Guitián Ojea a un traballo de investigación aplicada recaeu no proxecto de desenvolvemento de novos refrixerantes baseados en materiais sólidos (en lugar de gases) para sistemas de refrixeración e calefacción que axuden a reducir os gases de efecto invernadoiro e sexan máis seguros e económicos, contribuíndo á eficiencia enerxética. É un proxecto de investigadores do CICA e o CITENI e da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas da Universidade da Coruña, liderados por María Antonia Señarís. Algúns dos materiais desenvoltos polo equipo xa están protexidos por unha patente. Algúns dos materiais desenvoltos polo equipo xa están protexidos por unha patente.

Durante a cerimonia de entrega, celebrada en Santiago, a investigadora agradeceu á Academia este galardón: “É para nós unha enorme alegría, satisfacción e honra recibir este prestixioso premio da RAGC e a Axencia Galega de Innovación. Recoñécense os esforzos realizados nos últimos anos polo noso equipo multidisciplinar, formado por químicos especializados en estado sólido, materiais e propiedades térmicas, xunto a enxeñeiros expertos en eficiencia enerxética, todos da Universidade da Coruña”.

*Fotografía: Persoas galardoadas cos Premios RAGC 2024