O próximo día 5 de xullo, o Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) e o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) levarán a cabo unha Xornada de Sinerxía Científica no Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña. Este evento desenvolverase en horario de 10:00 a 17:00 horas e incluirá almorzo e xantar para as e os asistentes.
A xornada, deseñada para promover a colaboración interdisciplinar, ten como obxectivo atopar solucións matemáticas eficaces a problemas complexos de enxeñaría. As prazas para este evento son limitadas, cun máximo de 45 participantes, e require inscrición previa.
UNHA XORNADA DE CONEXIÓN MATEMÁTICA E TECNOLÓXICA
Rosa María Crujeiras Casais, directora científica do CITMAga, destacou a importancia da colaboración transdisciplinar e o papel central que desempeña o CITMAGA na investigación e o desenvolvemento: “Desde o CITMAGA facemos unha clara aposta por xogar un papel vertebrador no sistema de I+D+i, abríndonos á colaboración con outros centros –entre os que o CITENI é un aliado estratéxico, que suma valor en varios dos programas de investigación da nosa axenda científica–, aos que esperamos poder achegar coñecemento matemático de fronteira para abordar de xeito exitoso problemas do ámbito industrial. Neste senso, tamén achegamos a nosa experiencia desde o ITMATI, a nosa unidade de transferencia de resultados da investigación”.
Armando Yáñez Casal, director científico do CITENI, subliñou a relevancia de integrar coñecementos matemáticos avanzados no campo da enxeñaría para mellorar o desenvolvemento tecnolóxico: “A enxeñaría ten entre os seus obxectivos realizar procesos para obter produtos que melloren a sociedade no seu conxunto e a calidade de vida das persoas. Entender e predicir matematicamente o seu funcionamento é imprescindible para validar deseños e avaliar e mellorar o seu comportamento en servizo. A matemática forma parte da base de coñecemento da enxeñaría, pero non sempre coa intensidade e rigor de quen centra nas matemáticas a súa actividade investigadora. Facilitar a aplicación dos últimos resultados e avances da investigación matemática do CITMAga aos problemas de enxeñaría que se abordan desde o CITENI é a motivación principal desta xornada”.
Esta xornada de colaboración científica concibiuse como un punto de encontro e de referencia co obxectivo de xerar sinerxías entre a enxeñaría e as matemáticas que poderían transformar a maneira en que abordamos os desafíos industriais actuais.
PROGRAMA DO EVENTO
La jornada estará estructurada en dos sesiones. Durante la mañana (10-14 h) tendrán lugar las ponencias y por la tarde (15-17 h) se constituirán los grupos de trabajo, compuestos por equipos mixtos de personal investigador del CITENI y del CITMAga.
Aquí podes consultar o programa completo: Xornada de Sinerxía Científica CITENI · CITMAga.
INSCRICIÓN E MÁIS INFORMACIÓN
Para inscribirse na xornada, as persoas interesadas poden rexistrarse a través do seguinte formulario (ou escaneando o código QR do cartaz). Recoméndase realizar a inscrición coa maior brevidade debido á limitación de prazas:
Para máis información, por favor contacte con:
Centro de Investigación en Tecnologías Navales e Industriales (CITENI)
citeni@udc.gal | 881 013 47
Localización, data e hora do evento:
Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación
Campus Industrial de Ferrol, Universidade da Coruña
Data: 5 de xullo de 2024
Horario: 10:00-17:00 horas