O CITENI participa no proxecto europeo VALLE_H2GAP para impulsar o hidróxeno renovable en Galicia e o Norte de Portugal
O CITENI participa no proxecto europeo VALLE_H2GAP para impulsar o hidróxeno renovable en Galicia e o Norte de Portugal
O Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña (UDC), con sede no Campus Industrial de Ferrol, participa no proxecto europeo VALLE_H2GAP. Trátase dunha iniciativa transfronteiriza que impulsará o desenvolvemento dun piloto de produción de hidróxeno verde mediante electrólise, orientado a validar solucións enerxéticas aplicables á industria e ao sector portuario.


