
8
Obxectivos de calidadeO noso compromiso de calidade
Implantamos un sistema de xestión da calidade (SXC) efectivo e eficiente que beneficia a todas as partes implicadas. Traballamos co compromiso de establecer procesos de mellora continua, co fin de nos adaptar aos cambios e ofrecerlles garantías de seguridade a clientes e usuarios.Queremos demostrar a capacidade do noso centro para satisfacer a demanda de servizos tecnolóxicos e asegurar que a calidade do noso traballo satisfaga a clientes e colaboradores. Por iso, implantamos o SXC nos laboratorios de Combustibles, Plásticos e Química.
Establecemos as seguintes directrices xerais, que constitúen a nosa política, para conseguir os obxectivos de calidade a que nos comprometemos:
Plena satisfacción
Proporcionar servizos tecnolóxicos de calidade, acordes ás necesidades, os requisitos e as expectativas dos nosos usuarios, internos e externos.
Visible e accesible
Asegurar que a nosa política de calidade sexa visible e accesible. Estará colocada nun lugar axeitado á disposición do público. Tamén se lle facilitará a quen a solicite.
Compromiso permanente
A nosa norma de conduta baséase nun compromiso permanente que persegue a mellora continua dos procesos, e que ten en conta a implantación de accións correctivas e preventivas, sempre que for necesario.
Formación continua
Proporcionar formación continua e facilitar a transmisión do coñecemento, co obxectivo de que o persoal traballador do centro poida desenvolver a súa actividade seguindo os principios do noso sistema de calidade.
Cumprimento de requisitos
Garantimos o cumprimento dos requisitos subscritos con clientes e colaboradores.
Sistematización e documentación
Establecer pautas e normas para a sistematización de procesos e a súa documentación, co obxectivo de asegurar a calidade dos servizos realizados.
Eficacia, eficiencia e satisfacción
Lograr a máxima eficacia e eficiencia nos procesos, co obxectivo de conseguir a plena satisfacción dos usuarios dos nosos servizos.
Seguridade dos usuarios
Garantir e promover a seguridade dos usuarios en todas as instalacións de CITENI.