logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 881 01 34 00 citeni@udc.es
CITENI UDC 22 de Setembro de 2025

O CITENI, o Campus Industrial e Canido convértense nun laboratorio aberto en Ferrol durante a G-Night 2025

O CITENI, o Campus Industrial e Canido convértense nun laboratorio aberto en Ferrol durante a G-Night 2025

Ferrol convértese nun laboratorio aberto á cidadanía coa chegada da G-Night 2025: a Noite Europea das Persoas Investigadoras, o vindeiro 26 de setembro. Durante esta xornada, o Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), o Campus Industrial de Ferrol e o Centro Cívico de Canido abrirán as súas portas para que colexios, institutos e público familiar poidan experimentar e descubrir a ciencia desde dentro, dun xeito lúdico e participativo

CITENI UDC 9 de Setembro de 2025

A Universidade da Coruña ofrece unha praza predoutoral Marie Skłodowska-Curie para estudar polímeros semicondutores

A Universidade da Coruña ofrece unha praza predoutoral Marie Skłodowska-Curie para estudar polímeros semicondutores

A través do CITENI (Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais) do Campus Industrial de Ferrol, a Universidade da Coruña convoca unha praza predoutoral Marie Skłodowska-Curie para estudar polímeros semicondutores orgánicos dentro do proxecto europeo Fundamentals and Applications of Doped Organic Semiconductors (FADOS)

CITENI UDC 12 de Agosto de 2025

Persoal investigador da UDC contribúe á observación da desintegración de barións máis rara rexistrada

Persoal investigador da UDC contribúe á observación da desintegración de barións máis rara rexistrada

O investigador Jeremy Dalseno foi recoñecido pola American Physical Society polo seu papel na confirmación deste proceso, que ocorre unha vez cada 100 millóns de decaementos. O resultado, obtido no experimento LHCb do CERN, confirma con gran precisión o Modelo Estándar da Física de Partículas

CITENI UDC 8 de Agosto de 2025

CITENI e CITEEC participan no proxecto europeo AOFFTECH para impulsar a eólica mariña flotante no Atlántico

CITENI e CITEEC participan no proxecto europeo AOFFTECH para impulsar a eólica mariña flotante no Atlántico

Persoal investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) e do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC) participa no proxecto AOFFTECH: Atlantic Offshore Tech, financiado polo programa Interreg Espazo Atlántico e coordinado polo Galician Offshore Energy Group (GOE-Asime). O equipo da Universidade da Coruña (UDC) lidera o estudo […]

CITENI UDC 5 de Agosto de 2025

O CITENI desenvolve un modelo intelixente que optimiza a construción naval

O CITENI desenvolve un modelo intelixente que optimiza a construción naval

Persoal do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) do Campus Industrial de Ferrol e do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC) desenvolve un novo modelo de optimización para a planificación en estaleiros que inclúe, por primeira vez, a estratexia real de construción […]

CITENI UDC 31 de Xullo de 2025

O CITENI desenvolve con profesionais do CHUAC e do CHUF unha investigación sobre realidade aumentada aplicada á cirurxía

O CITENI desenvolve con profesionais do CHUAC e do CHUF unha investigación sobre realidade aumentada aplicada á cirurxía

O Hospital Universitario da Coruña (HUAC) acolle esta semana unha sesión experimental en que profesionais sanitarios colaboran coa Universidade da Coruña (UDC) para probar solucións de realidade aumentada (RA) aplicadas á cirurxía. A investigación, coordinada desde o Laboratorio de Enxeñaría Mecánica do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) busca integrar esta tecnoloxía […]

CITENI UDC 22 de Xullo de 2025

Publicado en Applied Energy un estudo con participación do CITENI sobre tecnoloxías de almacenamento enerxético a grande escala

Publicado en Applied Energy un estudo con participación do CITENI sobre tecnoloxías de almacenamento enerxético a grande escala

Persoal investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) e do Campus Industrial de Ferrol, en colaboración con outros grupos da Universidade da Coruña e a Universidade de Xaén, desenvolveu un estudo que compara tecnoloxías de almacenamento enerxético a grande escala. Publicado en Applied Energy, o traballo ofrece unha ferramenta práctica para […]

CITENI UDC 30 de Xuño de 2025

Metano, metanol e amoníaco, protagonistas na descarbonización do transporte marítimo segundo un estudo do CITENI e a ETSNM

Metano, metanol e amoníaco, protagonistas na descarbonización do transporte marítimo segundo un estudo do CITENI e a ETSNM

Un estudo do investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) José Miguel Mahía, no marco do seu doutoramento industrial na Universidade da Coruña (UDC), identifica os combustibles con maior proxección para descarbonizar o sector naval: o metano, o metanol e o amoníaco obtidos a partir de hidróxeno verde Reducir o impacto […]

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.