logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 981 33 74 00 citeni@udc.es

8

Obxectivos de calidade
CITENI

O noso compromiso de calidade

Implantamos un sistema de xestión da calidade (SXC) efectivo e eficiente que beneficia a todas as partes implicadas. Traballamos co compromiso de establecer procesos de mellora continua, co fin de nos adaptar aos cambios e ofrecerlles garantías de seguridade a clientes e usuarios.

Queremos demostrar a capacidade do noso centro para satisfacer a demanda de servizos tecnolóxicos e asegurar que a calidade do noso traballo satisfaga a clientes e colaboradores. Por iso, implantamos o SXC nos laboratorios de Combustibles, Plásticos e Química.

Establecemos as seguintes directrices xerais, que constitúen a nosa política, para conseguir os obxectivos de calidade a que nos comprometemos:

Plena satisfacción

Proporcionar servizos tecnolóxicos de calidade, acordes ás necesidades, os requisitos e as expectativas dos nosos usuarios, internos e externos.

Visible e accesible

Asegurar que a nosa política de calidade sexa visible e accesible. Estará colocada nun lugar axeitado á disposición do público. Tamén se lle facilitará a quen a solicite.

Compromiso permanente

A nosa norma de conduta baséase nun compromiso permanente que persegue a mellora continua dos procesos, e que ten en conta a implantación de accións correctivas e preventivas, sempre que for necesario.

Formación continua

Proporcionar formación continua e facilitar a transmisión do coñecemento, co obxectivo de que o persoal traballador do centro poida desenvolver a súa actividade seguindo os principios do noso sistema de calidade.

Cumprimento de requisitos

Garantimos o cumprimento dos requisitos subscritos con clientes e colaboradores.

Sistematización e documentación

Establecer pautas e normas para a sistematización de procesos e a súa documentación, co obxectivo de asegurar a calidade dos servizos realizados.

Eficacia, eficiencia e satisfacción

Lograr a máxima eficacia e eficiencia nos procesos, co obxectivo de conseguir a plena satisfacción dos usuarios dos nosos servizos.

Seguridade dos usuarios

Garantir e promover a seguridade dos usuarios en todas as instalacións de CITENI.

ISO9001-2015

Política de calidade

Estratexia de recursos humanos

HRS4R

DESCARGA DE DOCUMENTOS

DOCUMENTACIÓN