logo
Logo de la UDC Logo de CIF Centros de investigación de la UDC: CITIC / CITEEC / CICA

Nuevo Centro de Investigación en Tecnologías Navales e industriales (CITENI) de la Universidad da Coruña (UDC) está ubicado en el Campus Industrial de Esteiro, Ferrol.

VISÍTANOS Campus de Esteiro s/n 15403 Ferrol, a Coruña. 881 01 34 00 citeni@udc.es
Conciencias Creativas - GNight23
CITENI UDC 25 de Setembro de 2023

Os laboratorios do CITENI abren as súas portas para celebrar a G-Night

Os laboratorios do CITENI abren as súas portas para celebrar a G-Night

El próximo 29 de septiembre el Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais del Campus Industrial de Ferrol celebra, por tercer año consecutivo, la G-Night, la Noche Gallega de las Personas Investigadoras. Habrá más de 600 plazas disponibles para asistir a los talleres lúdicos y tecnológicos que organiza su personal investigador, destinadas a grupos escolares y público familiar

O último venres do mes de setembro ten lugar a European Researchers’ Night (a Noite Europea das Persoas Investigadoras). Un evento público a nivel europeo que pretende achegar a diversidade da ciencia á cidadanía con diversas accións de divulgación científica e tecnolóxica. O 29 de setembro organízase a 12.ª edición en máis de 26 países e 400 cidades de toda Europa.

Baixo o lema “Conciencias creativas”, Galicia únese, por terceiro ano consecutivo, cun evento asociado a este festival científico-tecnolóxico: a G-Night, en que participan as tres universidades galegas, USC, UVigo e UDC, ademais doutros institutos e centros de investigación da nosa comunidade. Durante toda a xornada, o persoal investigador destas institucións realizará experimentos e actividades de divulgación e entretemento científico-tecnolóxico en campus, rúas, prazas, museos e bares das sete principais cidades galegas: Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago, Lugo, Pontevedra e Ferrol converteranse ese día nunha grande ágora da ciencia.

O CITENI abre as portas dos seus laboratorios en Ferrol e A Coruña con máis de 600 prazas que permitirán a grupos escolares e público familiar coñecer as súas instalacións e descubrir as múltiples ramas da enxeñaría sobre as que investiga o Campus Industrial de Ferrol. Ademais, os visitantes poderán relacionarse coa parte humana da investigación científica: o persoal investigador, que explicará os seus avances e proxectos a quen participe nesta festa da ciencia e a tecnoloxía.

Os obradoiros que se realizarán en Ferrol son sete:

  1. “Navegando por un mar en miniatura: modelos de barcos a escala na canle de ensaios”.
  2. “Un percorrido polos túneles de vento”, que se realizará no Laboratorio de Fluídos.
  3. “Polímeros sostibles para a impresión 3D. É un desperdicio? Non, é un polímero 3D”, no Laboratorio de Plásticos.
  4. “A luz que cambia a materia”, a cargo do grupo do Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser (LAIL).
  5. “Este sólido está moi líquido?”, impartido por persoal do Grupo de Propiedades Térmicas e Reolóxicas de Materiais (PROTERM).
  6. “Un circuíto de carreiras virtual: ensaiando motores de coches sen saír do laboratorio”, que terá lugar no Laboratorio de Enxeñaría Mecánica (LIM).
  7. “A forma do espazo cámbianos a vida”, a cargo dun grupo de investigadores do Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAGA), que se suman a este evento na cidade de Ferrol.

Na Coruña, durante a xornada de mañá, membros do Grupo de Enxeñaría Enerxética (INGEN) do CITENI conducirán o obradiro: “Realmente sabemos como funciona un barco? Vén descubrilo ao simulador avanzado da ETS de Náutica e Máquinas”destinado a grupos escolares; e xa pola tarde impartirán a charla divulgativa “Buques GNL A importancia do transporte de gas natural por vía marítima” no bar La Olímpica, ás 18:30 h.

Toda a programación do evento e a información sobre como inscribirse está dispoñible na web: https://gnight.gal/programacion.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.